O ÓRGANO DO TEMPLO DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE CELANOVA
Traballo do proxecto Música no Mosteiro do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro no que poñemos en valor o noso patrimonio... Desta volta, co grupo de 1º de Bacharelato de Linguaxe e Práctica musical do curso 21-22 abordamos unha das xoias da coroa da nosa vila: o órgano. Atoparedes unha imaxe interactiva con información sobre a caixa, funcionamento e son do rei dos instrumentos! Picando nos puntos vermellos aparecerá a información e enlaces aos vídeos correspondentes, producidos por nós mesmas. Os vídeos aparecen tamén por separado a continuación. E para rematar, unhas cantas gravacións para contar tamén con rexistro sonoro, e documentos informativos sobre o órgano en xeral e o de Celanova en particular. EDITAMOS: En seguintes campañas, continuamos engadindo información e actividades relacionadas co órgano.