Skip to content
15 items
Activating this element will cause content on the page to be updated.

Airiños, airiños aires, unha homenaxe musical

Esta é a aportación da Aula de Linguaxe e Práctica Musical ao Día das Letras 2022, dedicado a Delgado Gurriarán, poeta do exilio. Sirvan estas letras e estas notas para paliar a saudade dos que están lonxe do seu fogar. Homenaxeamos o texto musicado de "Airiños, airiños aires", da nosa Rosalía (a boa, a de Castro) que ten sido posto en notas por varios autores. Escollemos esta versión de Antonio Jaunsarás Sanmiguel (ou San Miguel), grande músico de procedencia Navarra que traballou case toda a súa vida como organista da cidade de Ourense e foi mestre dos nosos mestres. Compuxo, ensinou, interpretou, harmonizou e foi o director adxunto do Conservatorio de Música de Ourense no momento da súa creación. Hoxe a aula de órgano o CMUS Ourense leva o seu nome.

Items